Como sucedeu coa presentación do navegador de Mozilla Firefox na súa versión 3.5, dende Mancomún queremos presentar un sinxelo tutorial paso a paso para a instalación e proba da nova versión de cliente de correo Mozilla Thunderbird.
![]()
Pódese atopar este tutorial na nosa wiki.
Brevemente, os pasos a seguir resúmense en:
- Descargar o paquete .tar.bz2 dende http://gl.www.mozillamessaging.com/gl/.
- Descomprimilo, empregando por exemplo o menú contextual do navegador de ficheiros de GNOME.
- Crear un lanzador no panel: Isto é sinxelo, basta con arrastrar o ficheiro "thunderbird" que está no cartafol que se creou ao descomprimir ata o panel de GNOME.
O tutorial inclúe tamén unha pequena guía para a configuración do aplicativo a primeira vez que se executa. Estes pasos resultan case innecesarios, pois unha das características incluídas nesta nova versión de Mozilla Thunderbird é a facilitación do proceso de configuración de contas de correo ata niveis dunha sinxeleza abraiante.
Pódese consultar o manual nesta páxina da nosa wiki. Nesta outra páxina pódese ver un proceso similar a este, pero esta vez centrado na instalación e proba do navegador Firefox.
