As empresas vascas especialistas en Software Libre Irontec e Zylk publicaron e liberaron o código fonte de Sinadura, unha aplicación Java que permite asinar dixitalmente ficheiros PDF en Java usando, por exemplo, certificados dixitais de Izenpe, FNMT ou o DNI-e.
Este desenvolvemento foi posíbel grazas á asociación de empresas de software libre de euskadi ESLE e ao programa KZLankidetza da SPRI.
Máis información na páxina do proxecto e na fonte orixinal da nova, onde se explica como instalar Sinadura e como utilizalo.
