- CENATIC presentou o resultado dos dous últimos estudos realizados polo Observatorio Nacional de Software de Fontes Abertas.
- Europa lidera o desenvolvemento e adopción de software libre grazas ao impulso das administracións públicas na última década.
- O software libre é un reto e unha oportunidade real para o sector dos sistemas empotrados.
O CENATIC fixo públicos no que vai de mes os dous últimos estudos dunha serie que permiten ter unha visión global da penetración do software libre no mundo e en diferentes ámbitos da sociedade española.

Así, complementando os traballos previos realizados polo Observatorio Nacional do Software de Fontes Abertas de CENATIC, nos que se analizou a realidade do sector do software libre na administración pública, a empresa española e a universidade, este mes presentáronse publicamente:
Os resultados do Informe sobre a situación do SFA na empresa española provedora de integradora de sistemas empotrados.
Os resultados do Informe sobre o Panorama internacional do software de fontes abertas 2010
Este estudo analiza o grao de implantación do software libre nas empresas españolas que participan na cadea de valor dos sistemas empotrados; é dicir, aqueles sistemas que realizan tarefas de control, procesamento, monitorización… de dispositivos como electrodomésticos, telefonía móbil, aviación, automoción, … Identifica por primeira vez os beneficios, oportunidades e barreiras do software libre neste sector dende o punto de vista do provedor, do consumidor e do integrador de tecnoloxía. Ademais define un mapa de solucións libres e de capacidades das empresas españolas provedoras de solucións libres.
Entre os resultados máis destacados sinálase que o software libre está presente no 90% das empresas do sector dos empotrados nalgunha das fases de desenvolvemento ou xestión dos seus produtos. O 42% destas empresas son micropemes, o 22% son pemes e o 26% son grandes empresas que se adican maioritariamente ao sector das comunicacións, enerxía e control industrial.
O 67% destas empresas empregan un sistema operativo libre, sendo Linux o máis implantado (o 47%). A incorporación de bibliotecas libres está en pleno desenvolvemento, sendo as máis empregadas as relacionadas con interoperabilidade (13%), interfaces gráficos de usuario (9%) e comunicacións (8%).
Finalmente, no que respecta ás licenzas empregadas nun modelo de negocio tradicionalmente pechado, destaca a GPL no 21% das empresas, a LPGL (16%), BSD (7%).
Durante a presentación do estudo, o Comité Executivo de PROMETEO, a Plataforma Tecnolóxica Española de Sistemas de Intelixencia Integrada, afirmou que “é o momento de apostar claramente polas tecnoloxías que melloren a competitividade, como fai o software libre, e estudos como este axudan a comprender, participar e incluso liderar novos desenvolvementos tecnolóxicos que contribúan ao desenvolvemento do noso tecido empresarial”. “ España debe seguir traballando para ser referente no uso e implantación do software libre na industria dos sistemas empotrados, unha tecnoloxía que implica un modelo de desenvolvemento empresarial sustentable baseado na cooperación, na innovación, na transferencia de coñecemento e a excelencia.”
Estes estudo suma a visión internacional a análise do panorama nacional cuberta cos 4 estudos previos.
A principal conclusión obtida do mesmo segundo as declaracións de Miguel Jaque na presentación do mesmo é que “Europa abandeira agora o desenvolvemento de software libre, que non só é desenvolvemento tecnolóxico senon tamén promulgación de normativas que garantan a liberdade de elección tecnolóxica por parte dos cidadáns, así como as aportación da comunidade mundial de desenvolvedores”. Pola súa parte, o director xeral TIC da comunidade Baler, Antoni Machado, apunto a necesidade de “fomentar o modelo de desenvolvemento en comunidade característico do software libre, que resulta en máis innovación, máis colaborción entre administración, universidade e empresas local e finalmente o desenvolvemento de produtos e servizos centrados no usuario e non no provedor como acontece noutros modelos”.
Principais conclusións do estudo nos 5 continentes
Apréciase que Europa é a rexión lider no desenvolvemento e adopción de tecnoloxías libres, destacando Alemania, Francia e España grazas ao impulso das administracións públicas na última década.
Norteamérica conta cun tercio do mercado TIC mundial, liderou o movemento do software libre na súa orixe. En Latinoamérica cabe destacar o papel chave que o software libre ten na estratexia tecnolóxica de Brasil, tanto a nivel institucional como industrial, onde o 73% das grandes corporacións empregan software libre.
En África identifícase o software libre como factor que pode contribuíra á súa incorporaciónm a mundo tecnolóxico con menor dependencia de terceiros países e unha mellor adaptación dos desenvolvementos á súa realidade.
En Asia o software libre estase convertendo rapidamente na peza fundamental da súa infraestrutura tecnolóxica. Xapón, Corea do Sur, China e India lideran as tecnoloxías abertas en Asia e agárdase que o 60% das axencias estatais asiáticas empreguen software libre nas súas misións críticas antes de fin de ano.
Finalmente Australia pode considerarse o paradigma do desenvolvemento do software libre onde se equilibran as 4 forzas do ecosistema: sector público, sector privado, universidades e comunidades de desenvolvemento. De feito, a metade das empresas australianas destina o 90% das súas inversiósn en I en software de fontes abertas.
Descarga dos estudos:
Situación do SFA na empresa española provedora de integradora de sistemas empotrados.

