Mancomún

Skolelinux para as escolas da Renania-Palatinado

Martes, 17 Marzo 2009

A partir de agora, as escolas alemás na Renania-Palatinado terán Skolelinux nos seus equipos, tras a decisión adoptada hai agora un ano. O proxecto anuncia a súa próxima fase.

Neste estado federal, as escolas non só adoptarán Skolelinux como sistema operativo senón tamén o utilizarán para desenvolver os currículos (plans de estudo) en 11 escolas piloto. O plan, en 10 puntos, máis ou menos traducido como “Competencias Multimedia nas Nosas Escolas”, implica traballar cunha versión adaptada de Skolelinux, segundo Burkhard Schaefer, consultor do Estado federal do ministerio de Educación, Ciencia, Xuventude e Cultura: “A decisión foi a prol de Skolelinux porque se ofrecen a través dela solucións pedagóxicas dispoñíbeis en rede pola comunidade Debian, un desenvolvemento sostíbel baseado nos conceptos de software. “Renania-Palatinado é o segundo estado federado de Hamburgo en seleccionar unha solución Linux para as súas escolas”.

Klaus Knopper (que adquiriu fama con Knoppix) e o  profesor Bettina Reuter da Universidade de Ciencias Aplicadas de Kaiserslautern asumiron a lideración do proxecto. Para eles, Skolelinux adáptase ás necesidades educativas do estado federal e integra os resultados no proxecto internacional. A valoración de Knopper é que, “Sobre a base da súa apertura e o cumprimento de estándares abertos pode lograr unha estabilidade que os sistemas actuais privativos non poden acadar.”

A acabada de crear Sociedade para o Avance do Software Libre nas escolas de Renania-Palatinado debe afrontar os desexos e as suxestións de mestres e administradores e pasar sobre eles co proxecto. O director da sociedade, Rhode Thomas, resume as vantaxes de Skolelinux como, “Con ela, todo o mundo pode participar activamente no futuro da tecnoloxía da información e aínda ademais se divirten ao facelo”. Por un lado, os estudantes poden coller na súa escola de orixe todo ese software para o seu uso privado.

Despois da primeira fase, que termina en marzo, na que as escolas integraron as súas redes existentes con Skolelinux e xestionan os seus servidores con Skolelinux, a continuación, as escolas teñen ata o 3 de abril de 2009 para solicitar e obter esta distribución de Linux instalada no seu hardware.

Fonte: linux-magazine.com

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal