Mancomún

Software de copia de seguridade persoal: Areca Backup e Cobian Backup

Xoves, 26 Febreiro 2009

Areca Backup é un software para copias de seguridade persoais desenvolvido en Java e multiplataforma. O programa dispón dunha interface gráfica desde a que se pode xestionar o conxunto da aplicación ademais de dispor dun explorador de ficheiros con historial de cambios sobre os mesmos, un simulador de copia de seguridade, e mesmo un historial de todas as accións do usuario. Asemade tamén dispón dunha liña de comandos coa que se pode automatizar todas as tarefas de copia.

Outro programa para xestión de copias de seguridade é Cobian Backup 8, que tamén é software libre, mais neste caso, só existe o aplicativo para Windows. Unha das características máis interesantes destoutro programa é que permite o envío das copias de respaldo a un servidor FTP da rede.

No restante, ámbolos dous programas comparten a maioría das súas características sendo unha moi boa alternativa a distintos aplicativos comerciais.

Características:

  • Capacidade de compresión das copias de seguridade.

  • Cifrado das copias de seguridade.

  • Xestión dun historial de accións.

  • Copias de seguridade completas e/ou incrementais.

Máis información nas páxinas de cadanseu proxecto:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal