Mancomún

Software Freedom Day 2019

Sábado, 21 Setembro 2019

Hoxe, sábado 21 de setembro, celébrase o Software Freedom Day 2019.

Como cada ano en setembro, a organización Digital Freedom Foundation coordina os eventos (SFD) de cada país como un evento global, proporcionando soporte, material de promoción e puntos de colaboración.

O obxectivo fundamental desta celebración é facer chegar ao público os beneficios de usar FLOSS (Software libre e de Código Aberto) en diferentes ámbitos como poden ser no ensino, no goberno, no fogar, no traballo ou calquera outro.

Un día perfecto para falarlle á xente do software libre, colaborar con proxectos libres, mostrar aplicacións que fixeron outras persoas e falar a todo o mundo dunha idea que aos poucos vaise impoñendo na nosa realidade dixital.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal