A copia de seguridade completa dun disco duro permite a rápida restauración do equipo ante un posible desastre ademais da posibilidade de duplicar ou clonar o disco duro en outro equipo (sempre e cando o hardware sexa igual); moi útil en contornos académicos onde os computadores das salas adoitan ser iguais:
- FOG (Free, Open-Source Ghost) é un conxunto de utilidades que permiten o clonado dos discos duros. Funciona con Windows XP e Vista pero con unha soa partición. A interface de uso é vía web.
- Clonezilla: Permite o clonado de calquera sistema de ficheiros e incluso discos duros con varias particións.
- G4U (Ghost for Unix): Só dispoñible para GNU/Linux.
- …
- Partition Image só permite o backup das particións activas e non unha copia completa de disco duro.
