Mancomún

Software libre para tendas virtuais

Martes, 30 Decembro 2008

Existe un amplo abano de posibilidades para implantar un servizo de tenda virtual ou de carriño da comprhttp://mancomun.org/images/stories/carrito.pnga empregando ferramentas libres en función de gustos e necesidades.

Por un lado existen unha serie de complementos para os CMS se xa dispoñemos dun. Por exemplo o Virtuemart como complemento perfecto para o Joomla ou o Ubercart para o Drupal.

Doutra banda, para todo o conxunto de blogueiros que usan WordPress e que teñen a necesidade de vender algunha que outra cousa dende o seu blogue teñen varias opcións para escoller: eShop con integración con Paypal powered store, Quick Shop para ter un carriño de compra tipo widget, para a venda rápida de produtos concretos, WP e-Commerce que permite montar un sistema de tenda virtual sobre wordpress máis avanzado, para venda de produtos tanto físicos como virtuais como mp3, pdf, etc. ou IAC para WordPress unha solución de carriño para wordpress que converte os posts e páxinas en produtos.

Mais se o que se pretende é montar unha tenda de zero hai outras opcións máis recomendables.

Entre os máis populares están :

  • osCommerce: O pai dos comercios electrónicos e por iso o máis estendido e que dispón da maior comunidade .
  • Zencart: Nacido a partir de osCommerce , e a necesidade de complementalo con centos das contribucións máis populares que existen (Inestabilidade).
  • Magento: Programado baixo Zend Framework, saíu en 2008 con moita forza, pero a súa complexidade, lentitude de carga, e constante desenvolvemento non deixan evolucionar á comunidade todo o que se quixese, aínda que se está popularizando rapidamente.
  • Prestashop: O máis novo de todos, con efectos ajax sorprendentes nos modelos predeterminados, é un dos aspirantes a desbancar ao osCommerce.

Outras alternativas que contan con menos popularidade son:

  • Opencart: Sistema avanzado de tendas en PHP, pero que non reviste demasiada complexidade.
  • Jadasite: Carriño programado en Xava, e completamente integrado con sistemas CMS
  • IdeaCart: Sistemas de detección de fraude, boletíns e moito máis.
  • Simplecart: un carriño sinxelo, rápido e efectivo que pero coas súas respectivas vulnerabilidades ao tratarse dun carriño en JS.
  • Satchmo: É un carriño incriblemente personalizable por parte do usuario, desenvolvido baixo o Django Framework.

Fonte: Blogue de Jordi Aller

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal