Mancomún

Software libre por parte da OSL da UDC en ForumOrienta '09

Xoves, 12 Febreiro 2009

http://softwarelibre.udc.es/es/Office/ArtWork?action=AttachFile&do=get&target=osl-small-color.pngEstes días está tendo lugar a 3ª edición do evento Forum Orienta, a mostra do ensino superior de Galicia. A mostra comezou onte, e rematará o sábado 14, e está organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Neste evento, estará presente a Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña, que levará a cabo demostracións e asesoralles aos presentes sobre o software libre. Este obradoiro repetirase todos os días do evento de 10:00 h a 12:00 h. Ademais repartirán o Galinux entre a xente que se achegue onde eles.

O evento é de acceso libre e gratuíto e está orientado a estudantes de Bacharelato e FP, estudantes universitarios, profesores, orientadores, nais e pais, etc…

ForumOrienta ten como obxectivos a promoción, achegamento e difusión da oferta de ensino superior en Galicia para o alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria…

 

Máis información en:
http://www.forumorienta.es/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal