Hai un tempo informámosvos dunha solución temporal para o erro debido ao cal non era posible traballar co Thunderbird 3.0 en galego empregando contas de correo IMAP. Segundo comentamos no seu día, a solución do paquete de idioma fornecido era temporal ata que non se integrase oficialmente a solución no repositorio de Mozilla.
Hoxe informámosvos de que dende o pasado día 30 de marzo, coa publicación da actualización de Thunderbird 3.0.4, o problema xa está oficialmente arranxado como se pode ver no seguinte fío de erros de Mozilla.
A solución integrada, proposta polos desenvolvedores de Mozilla, mellora técnicamente á proposta provisionalmente e tamén se integrou na suite Seamonkey. O cambio realizado non só corrixe o erro, senón que inclúe notas para os tradutores para axudar a que outras comunidades de tradución poidan repetir erros como o cometido no futuro.
Fonte: Mozilla
