Visto en http://calidonia.blogaliza.org:
“Para desestresar e desconsolar, como diría o mestres da MPB, dei en rematar un traballo comezado hai tempo: a localización ao galego do reprodutor multimedia da Fundación Mozilla, o Songbird, que acaba de saír na súa versión 1.0.
A tradución está completa ao 100%, con que o noso idioma fica así ao mesmo nivel que Euskara, Català-Valencià, Castelán e Português do Brasil, e agora mesmo por diante do Português Europeo. O Songbird, como produto do software libre, de código aberto e localización colaborativa, ofrece un total de 70 versións versións idiomáticas diferentes.
A miña teima por localizar esta aplicación fundaméntase na crenza de que é este tipo de software o que mellor pode enganchar á mocidade co noso idioma, logrando que todos os galegos e as galegas de nación e de lingua vexamos respectados os nosos dereitos.
Agradezo a colaboración doutros dous internautas nesta tarefa (a quen recomendo a consulta deste manual de localización) e anímote a que colabores cando novas versións sexan lanzadas (e se o desexas, na localización dos atallos de teclado, que deixei sen tocar polo meu costume de usar as iniciais en inglés dos comandos).”
