Mancomún

SourceForge adquire Ohloh

Luns, 1 Xuño 2009

SourceForgeA rede social para desenvolvedores, Ohloh, anuncia na súa páxina web, que foi adquirida por SourceForge despois dun proceso de negociación; aliás, os datos desta negociación e os termos do acordo non foron revelados publicamente.

Ohloh, que foi fundada no 2006 polos ex directores de Microsoft, Jason Allen e Scott Collison, rastrexa e compila, estatísticas e datos sobre máis de 300.000 proxectos de código aberto e desenvolvedores de software libre.

A compañía SourceForge é un sitio de novas sobre tecnoloxía e rede comercio electrónico, e posúe un amplo número de recursos en liña, entre os que destacan SourceForge.net, que é unha central de desenvolvemento de software, que controla e xestiona múltiples proxectos de software libre e actúa como un repositorio de código fonte. En SourceForge.net están aloxados proxectos coma eMule, FileZilla, 7Zip ou phpMyAdmin, pero aínda non está claro se Ohloh, estará incluído tamén.
Outros recursos cos que conta SourceForge son Slashdot, un sitio de novas referentes á tecnoloxía e ThinkGeek, un sitio de comercio electrónico de produtos tecnolóxicos.

Fontes: http://www.ojointernet.com/noticias/sourceforge-compra-ohloh/

http://www.ohloh.net/announcements/sourceforge_acquires_ohloh

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal