Mancomún

Sugar Labs e a FSF anuncian que unen esforzos para a promoción da plataforma educativa Sugar

Luns, 21 Setembro 2009
Sugar Labs, a organización sen ánimo de lucro provedora da plataforma educativa para nenos Sugar, e a Free Software Foundation, que promove os dereitos dos usuarios de computadores a usar, estudar, copiar, modificar e redistribuír programas de computador, anunciaron que van unir esforzos para colaborar e promover Sugar con ocasión do Software Freedom Day, que foi este pasado sábado día 19.

A FSF vai celebrar unha xuntanza en Boston, á que acudirán o director de Sugar Labs, Walter Bender, o presidente da FSF, Richard Stallman, e outros relatores. Peter Brown, o director executivo da FSF, declarou: "A plataforma educativa Sugar estase a converter rapidamente nun camiño á liberdade como usuarios de computadores para meniños de todo o mundo. O movemento internacional polo software libre está detrás de Sugar, e queríamos usar o Día da Liberdade do Software como unha oportunidade para involucrar a atención da comunidade, os recursos dos programadores e doantes de fondos co importante traballo que se está a facer en Sugar Labs”.
Segundo Walter Bender declarou: "Sugar execútase no 99% dos portátiles OLPC do mundo, pois os gobernos prefiren a súa calidade, o feito de que sexa código aberto, as facilidades que ofrece para a colaboración, e a facilidade para a localización a idiomas indíxenas. Os mestres e alumnos exercitan a súa liberdade modificando e mellorando Sugar e as súas actividades. Co proxecto Sugar on a Stick, o acceso a Sugar será aínda máis amplo".

Sugar Labs é unha organización sen ánimo de lucro, mantida por voluntarios, e é un proxecto membro da Software Freedom Conservancy. Orixinariamente foi parte do proxecto One Laptop Per Child (“un portátil para cada neno”). Sugar Labs mantense con doazóns.

Pola súa banda, a FSF está dedicada a promover os dereitos dos usuarios de computadores a usar, estudar, copiar, modificar e redistribuír os programas dos seus computadores.

Pódese atopar máis información na nota orixinal na páxina da FSF.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal