Mancomún

Sun anuncia programa de premios para proxectos Open Source

Venres, 7 Decembro 2007
A multinacional norteamericana anunciou ao mundo a organización do Open Source Community Innovation Awards Program, unha serie de galardóns divididos en varias categorías e que premiarán a diversos proxectos de programación en código aberto.

Para a primeira convocatoria, que será anunciada a mediados de xaneiro deste próximo ano 2008 e que se pechará en agosto do mesmo ano, os membros do xurado serán representantes dos proxectos GlassFish(implementación libre de Java), NetBeans, OpenJDK, OpenOffice.org, OpenSolaris e OpenSPARC, todos eles patrocinados pola compañía.

 

Con esta iniciativa, Sun pretende espolar o desenvolvemento de proxectos de software de código aberto, unha filosofía que a compañía abrazou e baixo a cal puxo a proxectos como StarOffice (a súa suite ofimática que se alimenta do proxecto comunitario OpenOffice.org) ou Solaris (o seu sistema operativo Unix que emprega as fontes de OpenSolaris). Curiosamente, os proxectos libres que serven de base para os seus produtos software foron iniciados ao liberar Sun o código fonte de diversos dos seus produtos, ata entón producidos como software propietario.

Fonte: Noticiasdot.com

Orixinal: Sun.com  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal