Mancomún

Sun Microsystems premiará desenvolvementos innovadores no "Innovation Award Program"

Xoves, 13 Decembro 2007

Sun Microsystems anuncióu en Bangalore, India, un programa de incentivos económicos chamado “Open Source Community Innovation Awards Program” orientado a premiar a aqueles desenvolvedores de código aberto que descubran tecnoloxías innovadoras e aplicables á súa estrutura.

A idea do fabricante é proverse de novas tecnoloxías a través dos aportes de comunidades como GlassFish, NetBeans, OpenJDK, OpenOffice.org, OpenSolarisOpenSPARC. O programa permite que cada comunidade determine as súas propias pautas de selección e avaliación de proxectos. Os gañadores anunciaranse en agosto de 2008 e Sun pagará, ao redor de 1 millón de dólares anuais a cada desenvolvemento…

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.laflecha.net
 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal