Mancomún

Sun Microsystems publica VirtualBox 3.0.0

Venres, 3 Xullo 2009

O pasado 30 de xuño, Sun Microsystems publicou VirtualBox 3.0.0, unha actualización maior que presenta novidades importantes, como a capacidade para SMP (multiprocesamento simétrico), ou melloras nas capacidades 3D.

Vendo a lista de cambios desta versión, poderiamos destacar:

  • Capacidade SMP nos sistemas operativos; ata 32 procesadores virtuais
  • En sistemas Windows virtualizados: agora pódese, de modo experimental, executar aplicativos ou xogos que empreguen Direct3D 8 ou 9.
  • Compatibilidade con OpenGL 2.0 en sistemas Windows, Linux e Solaris virtualizados.

Ademais, arranxáronse ou engadíronse unha serie de características. Por exemplo:

  • Na GUI: engadiuse unha pequena barra de ferramentas para o modo en pantalla completa, redeseñáronse os diálogos de configuración, agora móstrase o tempo estimado para operacións longas…
  • Na compatibilidade 3D: arranxáronse erros en máquinas virtuais cando hai aplicativos empregando estados OpenGL incorrectos, renderizados incorrectos de “glDrawRangeElements”, corrupcións en texturas aleatorias…
  • Melloras no VMM: melloras de rendemento en certas máquinas con PAE (Physical Address Extension), arranxouse un bug que facía que certas máquinas virtuais con Windows detectaban frecuencias de CPU completamente erróneas…

E moitas outras melloras, que se poden ver completas no rexistro de cambios desta versión.

VirtualBox é un produto de virtualización de arquitecturas x86 de propósito xeral. Ademais de contar con moitas características, e cun alto rendemento, VirtualBox é única solución profesional que está dispoñíbel libremente baixo os termos da GPL.

Actualmente, VirtualBox funciona en Linux, Windows, Mac e OpenSolaris, e é quen de virtualizar múltiplos sistemas operativos, como Windows (NT 4.0, 2000, XP, Server 2003, Vista, Windows 7), DOS, Linux (ramas 2.4 e 2.6), Solaris, OpenSolaris, OpenBSD …

Fonte: Nova en BarraPunto

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal