Mancomún

Sunzilla: Planta solar Open Source

Venres, 22 Xullo 2016

Sunzilla: PLanta solar Open SourceFai uns días volvía aparecer un artigo acerca do proxecto Sunzilla, esta vez, na revista especializada Hackaday.

O proxecto segue a tendencia DIY (do inglés Do It Yourself, faino tí mesmo) e plantexa o deseño modular dunha planta xeradora de enerxía eléctrica a partires de paneis solares.

SunZilla trátase dunha solución de autosuficiencia eléctrica orientada a zonas remotas, eventos ao aire libre, portable, modular e fácil de compoñer e estender.
O deseño, completamente aberto, abarca os paneis solares, os almacéns de electricidade máis o inversor de corrente. Trátase dun deseño modular polo que en calquera caso pódese escoller a configuración axeitada para todo momento e lugar concreto. En palabras do propio equipo do proxecto, falan de configuracións capaces de xerar 900 vatios de enerxía solar e unha capacidade de almacenamento de 4kWh que habilita unha saída pico de 1600W para unha corrente de 230V 50HX AC.

Tamén, noutra entrevista pasada publicada, o equipo de SunZilla fala do impacto social ecolóxico positivo que SunZilla pode ter. Así pois, falan de seis puntos claves nos que se identifican claramente os beneficios do seu proxecto:

  • Habilita a capacidade de autosuficiencia e independencia enerxética
  • Subministra enerxía, a ferramenta fundamental para o acceso á información e o coñecemento
  • É unha tecnoloxía con pegada de carbono neutral que substitúe ás enerxías fósiles
  • Alimenta áreas sen acceso, ou con acceso limitado, á enerxía
  • Axuda a mellorar os hábitos de conduta respecto á enerxía
  • Sensato co medio ambiente, non emitindo ningún ruído ademais de non contaminar o aire mentres funciona.

Todo o deseño do proxecto está concibido como código aberto e é redistribuible favorecendo o uso de compoñentes hardware tamén abertos mais, no momento, aínda é necesario o uso de certos compoñentes de deseño pechado para o seu uso real.

No mesmo artigo, fálase tamén de que as ambicións do proxecto van máis aló da xeración de enerxía, xa que “contemplase una gran variedade de aplicacións para o sistema SunZilla (como purificación de agua, refrixeración, calefacción, e telecomunicación) e plantéxase a creación dunha comunidade de desenvolvemento open source para os módulos que fagan estas aplicacións posibles”.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal