Mancomún

Super Grub Disk, ferramenta de rescate de sistemas

Xoves, 27 Marzo 2008
Super Grub Disk conta con novo espazo (aínda en fase beta) desde o que contar todas as novidades relacionadas coa aplicación.

Super Grub Disk é unha aplicación ideal para ao rescate de sistemas: arrinque e/ou restauración de arrinques, ou o que é o mesmo un simple disco Grub ao cal engadir menús con opcións habituais sen necesidade de usar comandos, que se presenta en diferentes formatos autoarrincables, nun disquete ou nun cdrom ou nun usb e que permite entre outras cousas:

  • Activar particións
  • Arrincar particións
  • Arrincar [[MBR]]

  • Arrincar o teu antigo SO (un GNU/linux ou outro). En realidade carga o menu.lst do teu computador.
  • Restaurar Grub en MBR automaticamente
  • Cambiar teclado de consola
  • Multiidioma
  • Intercambio de discos duros en BIOS e arranque de disquete / cdrom / particións…

A última versión dispoñible é a 0.9701.

Fonte: Fentlinux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal