Mancomún

Sweet Home 3D, programa de deseño de interiores

Mércores, 26 Marzo 2008

Sweet Home 3D é un programa de deseño de interiores en dúas dimensións pero que proporciona unha perspectiva 3D moi útil para facerse unha idea da distribución dun espazo.

Durante o deseño en 2D destaca a posibilidade de calcular sobre o plano a distribución das paredes, usar como fondo imaxes do plano orixinal do proxecto, fixas as medidas exactas de cada oco, escoller a cor e a textura do chan e das paredes.

Como non podía ser menos, tamén inclúe unha biblioteca de obxectos para incluír na casa, como mobles, ventás, portas, electrodomésticos, … cada un coas súas propias medidas, co que se pode saber se van a coller ou non na distribución planexada…

Ademais, desde a páxina do proxecto ofrécense máis obxectos para importar na aplicación e tamén se poden descargar os obxectos libremente creados por outras persoas.

Podes ver unha demostración do funcionamento da aplicación no seguinte vídeo:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal