A Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona anuncia a liberación do proxecto de investigación Enable Viacam (eViacam). O proxecto desenvolveu un rato facial dirixido a todas aquelas persoas que teñen dificultades para manexar o rato do computador.
Trátase dun programa que substitúe a funcionalidade do rato e permite mover o punteiro a partir do movemento da cabeza. Funciona nun computador equipado con cámara web, sen necesidade de máis elementos adicionais. Distribúese baixo licenza GNU/GPL e teñen dispoñíbeis versións para GNU/Linux e Ms-Windows, inicialmente en castelán, inglés ou catalán (con posibilidade de traducilo a outros idiomas). Na páxina do proxecto solicitan axuda para probalo, melloralo ou traducilo.
