Mancomún

Symfony será o framework de PHP que irá incluído por defecto en NetBeans 7.0

Martes, 18 Novembro 2008

http://www.netbeans.org/images/v5/nb-logo2.gifNetbeans, a popular plataforma para o desenvolvemento de aplicacións de escritorio usando Java, lanzou hai uns meses unha iniciativa para elixir por votación popular o framework PHP que se incluiría na seguinte versión do seu software. Pois ben, xa teñen gañador: o framework que irá incluído será Symfony.

As votacións no día 14 deste mes ían da seguinte maneira:

  • Symfony: 469 votos
  • CakePHP: 58 votos
  • Zend Framework: 43 votos

Motivo polo que onte, foi oficialmente seleccionada

Symfony vive actualmente un dos seus mellores momentos, xa que pronto se publicará a versión 1.2 definitiva e antes de finais deste ano xa se poderá utilizar nas versións de proba de Netbeans 7.0.

 

Fonte da nova:
http://www.symfony.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal