Tablexia é unha aplicación educativa creada para apoiar o desenvolvemento de habilidades cognitivas. Está deseñada principalmente para nenos con dislexia na educación secundaria.
Inicialmente estaba dispoñible nas dúas principais linguas faladas na antiga Checoslovaquia – Checa e Eslovaca – e agora a última versión de Tablexia tamén esta traducida ao alemán.
É desenvolvida pola asociación checa Labs CZ.NIC, e distribuída con licenza GPL e Creative Commons, o que permite que poida ser traducida facilmente a outros idiomas e reutilizada por outras comunidades.

Tablexia é desenvolvido por CZ.NIC Labs, o departamento de I+D do responsable do rexistro de dominio de nivel do país .cz. O software contén actualmente seis xogos, cada un dos cales concentrase na formación dunha capacidade cognitiva específica: memoria de traballo, percepción auditiva, orientación espacial, memoria visual, atención e secuenciación visuais.
Os coñecementos sobre dislexia e dificultades de aprendizaxe son incorporados ao proxecto por especialistas en psicoloxía e cognición. Os promotores teñen coma obxectivo, finalmente, cubrir todas as funcións cognitivas. A aplicación Tablexia ten un relativo éxito na República Checa e está a ser usado por unha ducia de escolas na actualidade.
