A xente da Fundación Mozilla de Europa e o grupo de investigación GSyC/Libresoft da Universidade Rei Juan Carlos van organizar no MediaLab Prado de Madrid unha reunión informal para contar e ensinar como se fan extensións para o navegador Firefox.
Podedes ver máis información sobre o Mozilla Add-Ons Workshop Madrid e que é necesario rexistrarse na páxina que se habilitou para isto.
A creación de extensións e/ou complementos dentro das aplicacións de Software Libre está á orde do día: GIMP extensible en C e Perl, OpenOffice.org con Python e Java, Eclipse, Gedit (plugins para Gedit na forxa de Mancomún)…
