
GPUL e a OSL do CIXUG organizan o vindeiro xoves 24 de setrembro, un taller de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
O obxectivo do taller é a instalación e configuración do sistema operativo Ubuntu 12.04, que se atopa dispoñible nos laboratorios de prácticas da Facultade de Informática.
Ademais, darase a coñecer as características máis importante do Software Libre, do sistema operativo instalado, e resolveranse todas aquelas preguntas que poidan ter sobre o tema.
O acto dará comezo ás 16:30 horas na aula 0.5w da Facultade de Informática da UDC.
O taller é totalmente gratuíto, sendo preciso inscribirse previamente cubrindo o formulario de inscrición habilitado aos efectos ata completar o aforo da aula (25 persoas).
Esta xornada forma parte das actividades que GPUL e a OSL organizan no marco dos respectivos convenios de colaboración asinados coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluída no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.
