Mancomún

Taller TIC sobre voz IP. Xestión de custos e aforro coa tecnoloxía do futuro

Xoves, 12 Febreiro 2015

Mañá venres de 11:00 a 13:00 horas terá lugar nas instalacións do Centro Demostrador TIC unha xornada sobre voz IP da man da empresa Northwest Advisors. Presentará a súa solución de voz IP, baseada na solución libre Asterisk, coa que permiten que as empresas poidan mellorar a xestión dos custos das súas comunicacións así como acadar un importante aforro.

Banner do taller de voip

A xornada está dirixida a Responsables TIC ou xerentes de todo tipo de empresas. A asistencia ao seminario é completamente gratuíta, sendo unicamente preciso a inscrición previa través do Espazo Usuario do portal web do CDTIC.
Hoxe en día as empresas demandan unha maior competitividade, eficacia e aforro de custos, así como unha maior aposta por servizos tecnolóxicos de calidade. Northwest Advisors, coa implementación de VoIP+SIGS, consegue que a voz IP chegue mesmo a zonas remotas ou de difícil acceso, dotándoas ademais dun servizo de internet de alta calidade para alcanzar unha excelente experiencia de usuario.

O programa completo da xornada é o seguinte:

  • O presente:
    • Sistema estándar de comunicacións: sistema de conmutación
    • Liñas de voz tradicionais, RTB, RDSI, PRIMARIO (E-1)
    • Conexións de internet asimétricas
  • O futuro:
    • Voz IP con numeracións SIP
    • Central telefónica virtual sobre arquitectura Asterisk (sen equipamento físico) con integración de telefonía tradicional e móbil
    • Servizos de internet garantido e simétrico

Northwest advisors ten o compromiso de atender as peticións de calquera cliente alá onde se atope. A empresa está capacitada para prestarlles atención ás necesidades da súa clientela en todo o territorio nacional, e mesmo internacional, como xa fixeron para moitos dos que confían neles, en resposta aos novos cambios en estruturas empresariais, múltiples delegacións e fusións.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal