Mancomún

Tarxetas USB con Trisquel para novos membros da FSF

Venres, 18 Decembro 2009

Na páxina de distribución libre galega aprobada pola FSF Trisquel podemos ler unha nova certamente interesante: se nos facemos socios da Free Software Foundation por un ano, recibiremos unha tarxeta de membro da FSF, que ademais é un disco USB externo. Este disco ven agora coa distribución Trisquel instalada:

Foto dunha destas tarxetasComa se pode ler no blog da Free Software Foundation, a tarxeta de membro da FSF -un excelente disco USB ultradelgado de 2GB para levar na carteira- ven agora cargado con Trisquel 3.0 Dwyn. É unha grande honra para nós, e esperamos que todos disfrutedes moito das vosas tarxetas. ¡Xa se enviaron máis de 500!

Esta tarxeta ofrece a posibilidade de executar o contorno de escritorio Trisquel Live de xeito incribelmente rápido, conservando ademais os datos do usuario para posteriores sesións. Esta tarxeta tamén se pode empregar como un disco USB normal e usalo como un medio de almacenamento pequeno e portábel. O disco ven cargado cunha selección de ficheiros de vídeo, texto e audio sobre software libre, converténdose así nunha xenial ferramenta para a difusión dos ideais do software libre.
Para conseguir unha destas tarxetas, que son unha forma fantástica de apoiar ao software libre axudando á FSF no seu esforzo de recadación de fin de ano, bastará con doar 120 dólares (ou 60, no caso dos estudantes). Ademais de obter a tarxeta con Trisquel, obteremos:

  • Sermos membros da FSF durante un ano
  • Un DVD con código fonte
  • Cinco alias de correo no dominio @member.fsf.org
  • Unha invitación á reunión anual de membros
  • Un 20% de desconto en todos os artigos da tenda da FSF
  • Unha subscripción ó boletín bianual da FSF


Na páxina da FSF podemos ler que estas tarxetas se entregarán nun prazo de catro a seis semanas.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal