Stomy Peters asegurou que hai grandes diferenzas entre as empresas e as comunidades do software libre e que o feito de que exista unha fronte aberta entre ambas constitúe un problema cada vez maior en proxectos de aplicativos de código aberto nos que se está tratando de crear vínculos estreitos entre as empresas e os voluntarios implicados.
A premisa subxacente en toda a súa presentación residiu en afirmar que as comunidades e as empresas que aproveitan o software de código aberto son interdependentes e que, por esa razón, é fundamental “estabelecer relacións sostíbeis co fin de promover os seus obxectivos comúns”.
Peters alegou que, aínda que este esforzo de colaboración se ve en moitos casos obstaculizado por conflictos entre a comunidade empresarial e a propia cultura de fontes abertas, debe primarse o propósito final, sendo as empresas as que busquen como beneficiarse da adopción de determinados aspectos desta. “Hai que traballar xuntos de maneira efectiva e hai que garantir que o modelo sexa sostíbel”, asegurou.
Algunhas das ideas propostas directamente pola executiva están recollidas no seu blog e permanecen abertas a calquera suxestión por parte dos membros da comunidade ou do tecido empresarial.
Resumidamente, Peters propón unha teoría da que extrae os principais problemas derivados da entrada das empresas no mundo do software libre e posíbeis vías para solucionalos. A directiva de GNOME di que “un dos factores fundamentais para o impulso do desenvolvemento do SwL é a existencia de voluntariado automotivado e movido sen necesidade de xestión previa”. Por outra banda, engade que “o proceso de desenvolvemento colaborativo baséase na revisións paritaria, onde as persoas desenvolvedoras reciben retroalimentación constante, algo moi diferente ao que sucede nos procesos de avaliación en contornos corporativos”. Isto é nun proceso de código aberto, a calidade do código é xulgada en si mesma, estando en constante mellora ou sendo rexeitada segundo sexa necesario para producir un produto mellor.
Non obstante, explica Peters, as empresas traballan nun clima menos produtivo posto que as probabilidades de que os traballadores sexan motivados polo desexo dunha compensación monetaria en lugar de persoal. Ademais, di que “as empresas tamén son reticentes a adoptar a meritocracia que é un dos valores fundamentais do desenvolvemento impulsado pola comunidade -porque teñen medo dos cambios que traerá á estrutura de xestión e a aceptar criterios de transparencia posto que incrementan o risco de revelar segredos comerciais”.
Para mitigar estes conflitos, Stormy Peters propón empregar nas empresas sistemas nos que os grupos organicamente estruturados escollan os seus propios dirixentes, no primeiro dos casos, e a adopción de wikis e roldas de correos relacionados co traballo de interacción.
A conclusión final céntrase en que “as empresas deben integrarse máis estreitamente co ecosistema do software libre, xerando que estes cambios culturais axuden a tecer redes e relacións máis produtivas entre ambos os axentes”.
Fonte: Ars Technica
