Mancomún

Tecnoloxía punta en Software Libre

Mércores, 14 Maio 2008

O II Concurso Universitario de Software Libre deixa patente toda a potencialidade dos códigos abertos

O pasado día 9 de maio fixéronse públicos os gañadores do II Concursos Universitario de Software Libre durante a fase final celebrada en Sevilla. Os proxectos expostos poñen de manifesto a potencialidade do SwL para o desenvolvemento de tecnoloxía punteira e innovadora.

A este respecto, o primeiro premio acadado na categoría de innovación foi para R4P (de Robot de 4 Patas) de Luís Alberto Pérez García e Luís Ignacio Díaz del Dedo. Este proxecto trátase dun traballo de fin de carreira da Universidade Europea de Madrid e está orientado á formación en áreas tecnolóxicas relacionadas coa electrónica, informática e mecánica.

O obxectivo do proxecto centrouse en crear un robot cuadrúpedo a nivel profesional incurrindo no baixo custo ao empregar software e hardware baseado en tecnoloxías abertas. A documentación técnica, deseño do hardware e módulos de programación están baixo a licenza Creative Commons e CC GNU GPL polo que é totalmente accesible dende a seguinte ligazón: www.r4p.es/wordpress/

Este mesmo hardware xa estivo presente no Xuventude Galiza Net deste ano, posto que este é empregado polo Arduino como sistema de control.

Fonte: GLUG  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal