Mancomún

Tegnix abre un proceso de selección de ata 13 profesionais para ampliación de negocio

Martes, 16 Abril 2013

Logotipo de TegnixTegnix é unha empresa galega que vén desenvolvendo a súa actividade como consultora altamente especializada en Software Libre dende o ano 2004, despregando proxectos tecnolóxicos como realizando accións formativas a través de Aula Tegnix con calidade certificada.

Agora mesmo está implicada nun proceso de ampliación de negocio na liña de formación en software libre para o que busca cubrir ata 13 prazas; un perfil de desenvolvemento de negocio e 12 docentes especializados en software libre.

Todas as persoas interesadas en algún dos postos deberán enviar o seu curriculum por correo electrónico en formato estándar ISO, como pode ser ODF ou PDF, ao enderezo rrhh@tegnix.com ou ben ao enderezo postal de Tegnix:

C.T.I TEGNIX, S.L.
Rúa Uruguay, nº8, planta 5ª, Oficina 8
36201 Vigo – Pontevedra (España)
Telf. (+34) 886 122 307

Responsable de desenvolvemento de negocios

Segundo recollen na súa oferta, o perfil corresponde a unha persoa interesada en desenvolver a súa carreira profesional nunha contorna tecnolóxica, comprometida á vez coa ética, comunicativa, convincente, comercial, afeita a levar a cabo negociacións a distintos niveis e que conte con sólidos coñecementos informáticos. A persoa seleccionada deberá posuír capacidade de traballo cunha orientación a resultados e rendibilidade, con autonomía e responsabilidade e capaz de asumir riscos.

A cambio, ofrecenlle a posibilidade de participar na expansión do proxecto, traballando cun equipo de persoas comprometidas coas tecnoloxías libres e os seus beneficios para a sociedade.

Requisitos

  • Experiencia Laboral Polo menos 2 anos como comercial
  • Estudos mínimos Superiores. Valoraranse estudos de posgrao en técnicas comerciais e de venda, MBA ou similares.
  • Requisitos mínimos Idealmente Enxeñería Superior Informática ou Telecomunicacións, aínda que non descartan candidaturas doutras carreiras e niveis. Dispoñibilidade para viaxar a nivel nacional. Valorarase experiencia comercial en contornas técnicas de enxeñería.
  • Idiomas Inglés a nivel técnico e, valorable, galego normativo.
  • Software Ofimática (mínimo), nivel de uso de Software Libre ou idealmente experto en Software Libre.
  • Imprescindible seriedade xunto a unha actitude responsable, comunicativa e transparente, en sintonía co espírito da empresa
  • Contrato Inicialmente traballando como autónomo-a con comisións moi elevadas. Indefinido se a valía é contrastada tras un período de proba.

Docentes para Aula Tegnix

Co obxectivo de ampliar a súa oferta formativa abren unha convocatoria de novos equipos docentes ofrecendo toda a infraestrutura e procedementos necesarios para alcanzar o éxito da actividade docente.

Vacantes

  • 2 docentes especialistas en Python
  • 2 docentes especialistas en Django
  • 2 docentes especialistas en PostgreSQL e bases de datos libres
  • 2 docentes especialistas en Migracións a Software Libre
  • 2 docentes especialistas en RedHat
  • 1 docente especialista en Arduino e hw libre
  • 1 docente especialista en R Project, estatística científica

Admítense outras especialidades que poidan acreditar un mínimo éxito de convocatoria, sempre compartindo beneficios e riscos.

Requisitos

  • Experiencia Laboral Polo menos 1 ano en docencia, 2 anos na especialidade técnica á que se aspira.
  • Nivel de estudos mínimo diplomatura ou ciclo superior técnico, ideal enxeñaría ou doctorado en informática ou telecomunicacións.
  • Imprescindible seriedade xunto a unha actitude responsable, comunicativa, transparente e unha didáctica con enfoque práctico.
  • Idiomas Inglés nivel B1 de inglés técnico ou similar, é dicir, facilidade para ler documentación e interpretala correctamente
  • Contrato inicialmente autónomo con retribución mensual sobre porcentaxe en ingresos xerados. Posibilidade de ingresar como persoal con contrato indefinido en función do éxito alcanzado na primeira fase formando parte tamén do equipo técnico da empresa.
  • Xornada Laboral Indiferente 1 ou 2 horas diarias, con horario a consensuar.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal