Mancomún

TEGNIX xa é centro de formación asociado LPI

Luns, 9 Novembro 2009

Logo de LPI-ATPSegundo nos informa Roberto Brenlla, a empresa TEGNIX ven de converterse en LPI ATP, acrónimo de Linux Professional Institute Approved Training Partner.

Como Centro Oficial Asociado impartirán cada un dos niveis formativos da LPI para que o alumnado poida acadar as súas diferentes certificacións profesionais.

LPI Inc constitúese formalmente como unha organización sen ánimo de lucro en outubro de 1999. LPI é recoñecida en todo o mundo como a primeira organización certificadora, ata o punto que varias empresas especializadas en Software Libre e Código Aberto basean as súas correspondentes certificacións nas que ofrece a LPI.

TEGNIX está a preparar esta oferta formativa tanto presencial en grupos reducidos como a distancia, con certificacións individuais ou dos tres niveis á vez a través dun curso superior, no seu centro de formación de Vigo ou con aula móbil, etc. Primaranse sempre os aspectos técnico e práctico para que o alumnado dispoña dunha sólida formación especializada en Administracións de Sistemas GNU/Linux.
Polo momento abren unha conta de correo-e para quen desexe obter máis información ou realizar unha pre-reserva de praza.

Fonte: TEGNIX

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal