Mancomún

Telecomunicacións: novos dereitos para os usuarios e os seus datos

Xoves, 25 Setembro 2008

O PE adoptou hoxe unha directiva que busca reforzar os dereitos dos usuarios de Internet, esixindo unha maior transparencia das tarifas e as condicións contractuais, facilitando o acceso ás persoas discapacitadas e protexendo os datos persoais, especialmente nas transaccións con cartón de crédito. Segundo a nova norma, emprenderanse “accións legais” contra as empresas que envíen “spam” ou SMS publicitarios sen consentimento expreso do consumidor.

O informe do británico Malcolm HARBOUR (PPE-DE) sobre as comunicacións electrónicas (telefonía fixa e móbil, comunicación vocal a través do ordenador e Internet de banda ancha) revisa dúas directivas e un regulamento vixentes sobre o servizo universal e os dereitos dos usuarios, o tratamento dos datos persoais e a cooperación en materia de protección dos consumidores.

O informe, aprobado por 548 votos a favor, 88 en contra e 14 abstencións, subliña que as autoridades nacionais competentes advertirán aos usuarios de Internet sobre a vulneración dos dereitos de autor, outros usos ilícitos e a difusión de contidos nocivos a través de Internet (emendas 9 e 191)…

Máis información na fonte orixinal:
http://www.europarl.europa.eu

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal