Telefónica acaba de retirar do contrato de servizo da súa edición de OpenOffice.org, as cláusulas contrarias á licenza LGPL do proxecto orixinal. As irregularidades dos termos foran denunciadas previamente polo sitio web BandaAncha.es.
O produto que oferta a compañía e que se denomina “Open Office respuesta profesional” está baseada na versión do produto de Novell e, orixinalmente, a súa licenza recollía a prohibición da instalación en varios computadores, a creación de programas derivados, facer máis dunha copia de seguridade do produto ou poñelo a disposición doutra xente.
Isto é contrario á licenza orixinal (LGPL) na que un aplicativo derivado doutro con licenza LGPL debe permitir a modificación do aplicativo por parte do usuario.
Con este cambio, Telefónica axústase ás condicións legais da licenza orixinal de OpenOffice.org e dá un paso adiante na difusión e promoción desta fantástica suite ofimática de software libre entre as pequenas e medianas empresas.
A nova versión do contrato do produto coas cláusulas corrixidas pode atoparse na seguinte ligazón:
