Segundo podemos ler en AGNIX, Telefónica anunciou que se une á Fundación LiMo (Linux Mobile) e que este ano venderá teléfonos que usarán o sistema libre LiMo.
LiMo é unha alternativa aos principais sistemas operativos dos móbiles de Nokia, Apple ou Google. Os operadores están a apostar por LiMo, pois ao ser un sistema libre, teñen maior control sobre o desenvolvemento de programas que lles permita ser máis competitivos e mesmo aforrar custos.
Os membros fundadores de LiMo son Motorola, NEC, NTT DoCoMo, Orange, Panasonic, Samsung e Vodafone.
Outros membros principais de LiMo son: Access Co., Aplix., Azingo, LG, Electronics, McAfee, Purple Labs, SK Telecom, Texas Instruments, Verizon Wireless, Wind River Systems
Tanto Vodafone como Orange, a xaponesa NTT DoCoMo, coreana SK Telecom e a estadounidense Verizon Wireless presentarán teléfonos con LiMo ao longo deste ano, segundo un comunicado conxunto emitido o ano pasado.
LiMo entrou no mercado o pasado ano e ata o de agora hai dispoñíbeis máis de 20 modelos, de fabricantes como NEC, Panasonic ou Motorola.
Fonte: AGNIX
