Mancomún

Theora, a alternativa a DivX

Mércores, 5 Novembro 2008

{mosimage}Quen non coñece a día de hoxe o que é DivX e o que son as películas/series/vídeos en DivX? quizais por ser o primeiro formato que ofreceu unha tasa de compresión moito mais favorábel que, por aquel tempo o mellor códec calidade/tamaño MPEG-2, se impuxo na codificación de ficheiros multimedia. Pero a dia de hoxe chegou Theora a versión 1.0, e é unha gran alternativa ao mesmo.

A Fundación Xiph.org ven de anunciar a saída o público da versión 1.0 do seu códec de vídeo Theora co que prometen unha calidade loable xunto cun consumo reducido de CPU para a súa utilización e quizais o punto mais importante é que non require de ningún tipo de licenza para o seu uso sea cal sea o dispositivo ou software co use.

Theora esta a ser distribuído baixo a licenza BSD e Xiph.org pretende que se converta nun estándar para o HTML 5. Xiph.org xa lanzou no seu día o formato de audio OGG, tamén libre, e cunha tasa de compresión/calidade de audio moi superior ao omnipotente MP3.

Para facernos unha idea da eficiencia de Theora en canto o consumo de recursos, o códec e capaz de funcionar plenamente nun ordenador XO do proxecto OLPC, unha maquina cunha CPU 433 MHz AMD Geode LX-700 e gráfica integrada.

Xiph.org está a traballar nun codificador para o novo formato e esperase que estea dispoñíbel xunto coa versión 1.1 do códec.

Podes saber mais na fonte ou na páxina de Xiph.org.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal