A última versión 071031, destaca como novidade a nova interface de usuario mediante a biblioteca CEGUI. Pódese consultar algunhas capturas de pantalla da nova versión desde a súa web oficial.
- Interface gráfica máis intuitiva: diálogo de selección de misións, opcións de configuración para os gráficos e os controis.
- Menú principal accesible coa tecla “Esc”.
- Nova pantalla de radar máis vistosa e e que aporta máis información táctica.
- Novos efectos de partículas para os disparos e as explosións.
- E outras melloras menores.
