Mancomún

Todas as escolas rusas empregarán software libre

Luns, 10 Novembro 2008
Un litixio entre un profesor ruso e a empresa Microsoft aceleraron o proceso de implantación de SwL por parte da Administración rusa

O responsable da carteira de telecomunicacións e medios de difusión da federación rusa, Igor Shchyogolev, anunciou recentemente a definitiva implantación do software libre en todas as escolas rusas durante a sesión plenaria referente a “Sociedade da Información” da feira Infocom.

A decisión remóntase a comezos de ano, cando un litixio entre un profesor dunha escola remota do país, acusado do pirateo do sistema Windows, e o xigante Microsoft, acabou desembocando en que a Administración rusa se decidira por anunciar a próxima instalación de paquetes informáticos non comerciais en todas as escolas.

Aínda que nas súas orixes esta modificación plasmouse tan só nun proxecto piloto parece que a iniciativa tivo éxito e estenderase a todos os colexios do país soviético. Así Shchyogolev declaraba: “A finais de 2009 en todos os computadores das escolas rusas instalarase o paquete de software libre PSPO”. Esta solución usaría o sistema operativo Ubuntu e aplicacións de código aberto.

Tres anos despois da instalación serán as propias escolas as que poidan elixir entre a produción nacional de software open-source ou o uso de software propietario, que terían que custear elas mesmas sen axuda económica do goberno.

Fonte:  The Inquirer

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal