Mancomún

Todas as escolas turcas de primaria ensinan OpenOffice.org

Luns, 26 Novembro 2007

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifO uso do software libre vén a ser parte do currículo escolar das escolas de primaria turcas. O Ministerio de Educación desenvolveu un curso para ensinarlles aos estudantes o uso deste paquete informático.

Esta adaptación forma parte do plano de 58 millóns de euros para “Reforzar a educación profesional do sistema educativo”. Todos os PC empregados nas aulas en Turquia empregarán GNU/Linux e Windows e terán un cargador de arranque para elixir que sistema operativo cargar ao comezo.

O ministerio de educación comezou a enviar cedés que conteñen o software necesario, entre o que salienta unha versión adaptada da distribución turca de GNU/Linux Pardus.

O curso de software libre está dividido en tres partes. Un estudante que complete as tres, idealmente, será capaz de instalar Pardus GNU/Linux nun ordenador, administrar os seus compoñentes básicos, configurar unha conexión a internet, administrar os usuarios, instalar software e manexar os servizos de rede. O curso enteiro ten unha duración de 40 horas, aínda que a primeira parte é a máis longa cunha duración de 24.

Ligazón orixinal: idabc

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal