Mancomún

Toledo e Chiloeches únense á plataforma Consul de participación cidadana

Mércores, 28 Decembro 2016

Este mes dúas cidades españolas da comunidade autónoma de Castilla-La mancha, Toledo e Chiloeches, acábanse de unir ao proxecto de participación cidadán Consul iniciado polo concello de Madrid. A plataforma Consul, orixinalmente creada pola cidade de Madrid, está sendo paulatinamente adoptada por outras cidades sendo o seu código dispoñible para o seu reuse na coñecida plataforma de xestión de proxectos GitHub. Dende a usa publicación, esta plataforma de participación cidadán xa foi adoptada por preto de trinta cidades ao longo da xeografía española.

Segundo Helena Galán, conselleira de cidadanía na cidade de Toledo, a plataforma Consul servirá de ferramenta para a promoción da participación cidadán e no fomento da cultura de cidade. A idea é romper as barreiras institucionais entre a administración é os cidadáns e retornar capacidades a estes últimos.

Mediante o asino do acordo de colaboración en este proxecto, estas dúas cidades expresan o seu compromiso no desenvolvemento de políticas locais que involucren aos cidadáns.

En palabras de Enrique Girondo, conselleiro para as Novas Tecnoloxías na cidade de Chiloeches, unha pequena administración como a de Chiloeches proporciona un contexto perfecto para fomentar a participación, xa que trátase dun entorno tradicionalmente máis pechado. Ao mesmo tempo, subliña que a falta de recursos limita a Chiloeches o desenvolvemento dunha plataforma propia, un problema que agora está resolto pola adhesión á iniciativa Madrid.

Esta colaboración permitirá que as dúas cidades poidan adoptar o modelo de participación xa desenvolvido en Madrid, e aplicar novas tecnoloxías para a transparencia do goberno e a participación cidadá.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal