Despois de que Google, tamén, se unira, a Open Invention Network anunciou que TomTom, un dos fabricantes de navegadores máis grandes do mundo, tamén pasou a formar parte dos seus membros.
A Open Invention Network é un colectivo de organismos que pretende crear un “ecosistema de apoio que garanta o crecemento e a adopción de Linux”. Para iso, compra patentes de software para brindalas de forma gratuíta á empresas que se comprometen en non demandar ao sistema operativo GNU/Linux e outros aplicaitvos de software libre.
A Open Invention Network foi fundada en 2005 por Red Hat e IBM, entre outros, e conta tamén entre os seus membros con compañías como Oracle ou a xa mencionada Google. Desde o seu nacemento acumulan máis de 275 patentes…
