TopCoder vén de publicar o código fonte da ferramenta â??TopCoder UML Toolâ?. Este software permite traballar coa notación UML (diagramas de clases, de secuencia, de casos de uso, …). Ata o momento a solución máis empregada en Software Libre polos deseñadores é ArgoUML que está dispoñible para descarga dende Tigris.org.
O bo de TopCoder UML non só é que publicaron o código fonte, senón que abriron para a comunidade toda a documentación xerada no seu proceso de construción: casos de uso, diagramas de actividade, documento de especificación de requirimentos, prototipos, plan de xestión da calidade, diagramas de secuencia, diagramas de compoñentes, diagramas de interfaces, especificación de compoñentes, …
Estudar esta documentación pódenos servir para facernos unha idea moi concreta do que supón construÃr unha aplicación seguindo unha metodoloxÃa, é dicir, xusto o que interesa a calquera alumno de enxeñerÃa do software.
Dende Tigris.org están dispoñibles outros recursos e ferramentas de código aberto para a enxeñería do software.
Fonte: Diario Linux
