Mancomún

Torusware organiza unha xornada sobre Docker

Martes, 14 Xuño 2016

Logo de dockerA empresa Torusware organiza, dentro do seu ciclo Torusware talks, un Docker Meetup. Trátase dun encontro no que falar e compartir experiencias sobre a tecnoloxía de contedores Docker.

As Torusware Talks teñen por obxectivo compartir relatorios e experiencias sobre tecnoloxías de interese de Torusware (Big Data, Containers/Docker, HPC, Linux, Performance, etc…) a fin de que sirvan de punto de encuontro de profesionais e estudantes interesados nesas tecnoloxías.
O encontro comezará ás 20:00 horas cunha breve presentación e de seguido darán paso ao seguinte programa:

  • 20:10 Orquestando contenedores en Docker. Roi Costas (Docker Solutions en Torusware)
  • 20:35 Networking en Docker. Álvaro Saurin (Software Engineer – Docker Developer en SUSE)
  • 21:00 Mesa redonda sobre "É Dócker o único futuro ou trátase dunha moda?" con Álvaro Saurin, Daniel Fernández (CTO en Torusware), e colaboradores pendentes de confirmar.
  • 21:30 Conclusión

O encontro celebrarase o vindeiro xoves 16 de xuño de 20:00 a 21:30 horas no edificio WeKCo na Avda Novo Mesoiro, 2 baixo, A Coruña.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal