Mancomún

Traducido ao galego o programa Celtx

Luns, 10 Novembro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/celtx.pngenfeitizador” avísanos de que acaba de rematar a tradución das liñas do programa Celtx. Para facer a tradución contou coa axuda doutros dous usuarios Tblijo e Ana3tri.

A tradución de Celtx fíxose a través do seguinte wiki: http://wiki.celtx.com e foi enviada posteriormente ao enderezo de correo que se menciona no wiki.

Sobre Celtx dicir que é unha ferramenta libre que permite xestionar todo o proceso de preprodución dunha película, curtametraxe, videoclip ou calquera outra obra audiovisual. Está pensado para que produtores e guionistas poidan realizar a planificación, o guión, o storyboard de xeito conxunto a través da rede e publicalo nunha web pública ou privada coa fin de promover o proxecto e compartir ideas.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal