Mancomún

Tradución ao galego do editor eXe

Mércores, 12 Marzo 2008

Actualización do 13/03/2008

Xa está incorporado o galego no sistema de tradución de eXe (Pootle) para actualizar as cadeas en futuras versións. A partires da versión 1.03.1.3422 xa é posible descargar eXe coa tradución ao galego dende a seguinte ligazón:

http://exelearning.org/files/nightlies/

http://www.mancomun.org/images/stories/exe_logo.jpg

eXe (eLearning XHTML editor) é unha ferramenta de apoio aos mestres no deseño, edición e desenvolvemento de contidos para a ensinanza en liña. Esta ferramenta foi deseñada para ter un uso intuitivo e sinxelo para a creación e publicación de recursos educativos segundo o estándar SCORM. Para traballar con eXe non é necesario que o mestre teña altos coñecementos técnicos en programación. A ferramenta permite engadir aos contidos, ademais de información xeral (texto, artigos, …), recursos multimedia como vídeos, animacións e actividades. Todos os contidos poden ser ordenados didacticamente para facilitar ao alumno a aprendizaxe dos temas expostos.

Grazas ao traballo da Cooperativa Tagen Ata, eXe está traducido ao galego.

Para incluir a tradución ao galego hai que incluir no cartafol locale onde esté instalado eXe os ficheiros coa tradución que se poden descargar dende o apartado das descargas de mancomun.org. Sirva como axuda as posibles ubicacións para os ficheiros en GNU/Linux, /usr/share/exe/locale e en MS Windows, c:Archivos de Programaexelocale

http://www.mancomun.org/images/stories/exe-screenshot.png

Pantallazo coa interface en galego

 

Outras ligazóns:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal