Mancomún

Tradución das licenzas GPL v2, GPL v3 e EUPL ao galego

Mércores, 29 Outubro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/gnu-project.png En Mancomún acabamos de rematar a tradución ao galego da licenza GPL v3. A licenza xa foi enviada a páxina de GNU.org para que a publiquen na lista de traducións da GPL v3.

Dicir, que é unha tradución non oficial da licenza pública xeral de GNU ao galego. Non foi publicada pola Fundación para o Software Libre nin estabelece legalmente os termos de difusión para o software que se rexa pola licenza pública xeral de GNU (GNU GPL, polas súas siglas en inglés); a única que o fai é a versión orixinal en inglés da GNU GPL. No entanto, esperamos que esta tradución axude as e os galegofalantes a comprender mellor a GNU GPL.

Tamén comentar, que desde hai xa bastante tempo se atopa tamén a licenza GPL v2 traducida ao galego e máis a tradución xurada da licenza EUPL.

Tradución ao galego da GPL versión 2:

Tradución ao galego da GPL versión 3:

Tradución xurada ao galego da EUPL (Licenza Pública da Unión Europea)

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal