Mancomún

Tradución do Joomla! 1.5.9 ao galego

Mércores, 18 Marzo 2009

JoomlaGrazas aos esforzos de coordinación de Damufo, atópase xa dispoñíbel a tradución ao galego da versión 1.5.9 do coñecido CMS Joomla! . A tradución foi levada a cabo por voluntarios do Proxecto Trasno e Ciberirmandade.org

Joomla! é un galardoado sistema de xestión de contidos que permite construír facilmente sitios web e potentes aplicativos en liña.

Esta tradución representa a continuación dun traballo levado a cabo por voluntarios galegos e do que xa fomos dando conta nesta páxina .
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal