Mancomún

Trisquel 9.0 “Etiona”

Xoves, 5 Novembro 2020

Trisquel 9.0 “Etiona”, última versión desta distribución avalada pola Free Software Foundation. Require de ter un hardware específico para que todo funcione debido á utilización de Linux-libre (versión 4.15).

Novidades: consolidación de MATE como contorna de escritorio predeterminado. Todos os paquetes están completamente actualizados con actualizacións de soporte a longo prazo.

Outros sabores de Trisquel: Trisquel Mini (orientado a máquinas antigas e netbooks) usa LXDE como contorna de escritorio xunto a aplicacións lixeiras, Triskel con KDE Plasma 5, unha imaxe netinstall para servidores e Trisquel TOAST (baseado na plataforma de aprendizaxe Sugar).

Máis información na nota oficial de lanzamento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal