Mancomún

Trisquel Edu 2.2 incluirá o contorno de escritorio para “netbooks” chamado Sugar

Mércores, 19 Agosto 2009
TrisquelSugar é o contorno de escritorio desenvolvido orixinariamente para o proxecto educativo OLPC (do inglés “One Laptop per Child"), proxecto do que temos anteriormente falado en Mancomún, e que ten dispoñíbel o portátil OLPC XO-1 con este sistema operativo, aínda que tamén alternativamente pode levar Ubuntu e Fedora.

Pois ben, os desenvolvedores de Trisquel acaban de comezar a colaboración con SugarLabs (empresa que desenvolve Sugar actualmente) para a incorporación das últimas versións na Trisquel Edu 2.2 LTS.

Segundo os propios desenvolvedores de Trisquel comentan na lista de Softlibre-Edugal:

“Dentro duns dias este traballo estará dispoñible para os usuarios, e tamén faremos unha versión incluíndo só o entorno Sugar, deseñada para netbooks educativos.

Se queredes participar neste esforzo, ou no desenvolvemento de Trisquel Edu en xeral, xa sabedes que estades convidados!http://trisquel.info/en/issues/include-sugar-our-educational-packages" Na ligazón anterior tedes máis información para poder probar a última versión de Sugar feita para a Trisquel Edu 2.2 na versión de Ubuntu chamada Hardy (8.04 LTS). Tamén podedes probar unha versión da distribución seguindo as instrucións para utilizar Sugar desde unha memoria externa USB.

Sobre Trisquel

Trisquel é un sistema operativo totalmente libre baseado en GNU/Linux, para usuarios domésticos, pequenas empresas e centros educativos. Tamén se trata dunha das distribucións 100% libres, avaliada pola FSF e introducida na súa lista de distribucións recomendadas.

Trátase dun proxecto aberto, iniciado pola Universidade de Vigo e desenvolvido por unha comunidade de voluntarios co apoio da Facultade de Ciencias de Ourense, a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense e empresas coma Sognus.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal