Uns investigadores descubriron un novo tipo de software malicioso que recolle contrasinais de páxinas web bancarias e que foi deseñado só para Firefox.
Este software, coñecido como ‘Trojan.PWS.ChromeInject.A,’ colócase no directorio de complementos do Firefox, identificándose como ‘Greasemonkey ‘, a coñecida extensión que permite engadir funcionalidades a páxinas web mostradas en Firefox mediante guións contribuídos polos usuarios.
Este software malicioso emprega Javascript para identificar máis dun cento de páxinas financeiras e de transferencia de diñeiro, rexistrar usuarios e contrasinais e reenvialos a un servidor en Rusia.
En barrapunto fanse eco desta nova, e pregúntanse se a cota de mercado do Firefox (que alcanzou recentemente o 20%) terá algo que ver coa aparición deste tipo de programas enfocados só para o navegador de Mozilla.
