
O desenvolvemento da
versión 5 de Typo3 vai por bo camiño e contará cunha novidade salientable, compatibilidade coa especificación JSR-170/283 de Java para repositorios de contidos.
Esta funcionalidade será posible grazas a implementación dunhas interfaces que traballarán contra
Typo3 CR. O proxecto Typo3 CR, que é independente do CMS Typo3, é o que permitirá a conectividade cos repositorios dende calquera aplicación PHP.
O obxectivo de Typo3 CR é soportar
Jackrabbit e Day CRX que son as implementacións nativas que se ciñen ao estándar.
Información e recursos sobre o desenvolvemento de Typo3 CR: