Lanzamento de Ubuntu 18.04.4 LTS para os produtos de escritorio, servidor e nube, así como outros sabores de Ubuntu con soporte de longo prazo (Kubuntu, Ubuntu Budgie, Ubuntu MATE, Lubuntu, Ubuntu Kylin e Xubuntu).
Chega con melloras do soporte de hardware, actualización do kernel de Linux (versión 5.3), corrección de erros no instalador e no xestor de arranque, reparación de vulnerabilidades e problemas que afectaban á estabilidade, inclúe as novas versións Mesa 19.2, X.Org Server 1.20.5 e libdrm 2.44.99, novos controladores de vídeo para chips Intel, AMD e NVIDIA (incluído o propietario de NVIDIA 435), as actualizacións dos paquetes OpenJDK 11 (OpenJDK 8 movido ao repositorio universe), OpenSSL 1.1.1 (OpenSSL 1.0.2 n), thunderbird 68.2.2, entre outras.
Máis información na nota oficial de lanzamento
